habitacion

A pensión

“Un espazo acolledor no casco histórico de Santiago”

Situado nun antigo edificio de pedra, e recén reformado, O Xardín de Julia é unha opción perfecta para os viaxeiros que buscan un aloxamento confortable e funcional nunha localización estratéxica para mergullarse no corazón de Santiago dende o primeiro momento.

A ubicación e O Xardín de Julia fai do hotel a elección ideal para aproveitar todo o que ofrece Santiago de Compostela: a veciña Praza de Abastos é hoxe unha das zonas de referencia para tomar as mellores tapas ou pratos de gran calidade, con restaurantes como Café de Altamira ou O Curro da Parra. Está a menos de 500 metros da catedral, no sitio perfecto para percorrer a pé todos os rincóns do casco histórico.

O hotel ten servizo de parking concertado, para que os hóspedes que viaxan co seu propio coche non teñan que perder tempo buscando aparcamento pola zona. E se elixes o transporte público para viaxar, tamén o terás doado para chegar aquí: a estación de tren está a menos dun kilómetro.

Ademais do que ofrece a cidade, a céntrica situación de Santiago fai que sexa o punto de partida perfecto para os que desexan coñecer Galicia cómodamente. Apenas unha hora de coche separa a cidade doutros puntos turísticos como A Coruña, Ourense, Costa da Morte ou as Rías Baixas. En menos de dúas horas chegarás a Cabo Ortegal, Lugo ou a Ribeira Sacra. Poderás, por tanto, ir explorando Galicia a través de excursións dun día, e estar de volta ao caer a tarde para una relaxante cea na Praza de Abastos e un sono reparador en O Xardín de Julia.

E se non queres ir directo á cama? Na pranta baixa do hotel contamos cun salón de reunións no que poderás pasar o rato charlando e facendo plans cos teus compañeiros de viaxe, ou simplemente sentarte a ler e relaxarte nun espazo diferente ao da túa habitación. E dende ahí, se queres, podes pasar ao noso xardín traseiro, o selo de identidade que da nome ao hotel. Un espazo verde onde desconectar e trasnportarte a outro tempo.

vista-exterior
vista-principal
vista-exterior-2
Icono para ir arriba